Imprimir

Correos abrirá en Galicia o Día das Letras Galegas para facilitar o voto

Europa Press | 15 de mayo de 2019

Un cartero entrega el voto por correo. ARCHIVO
Un cartero entrega el voto por correo. ARCHIVO

Algunhas oficinas das principais cidades tamén abrirán en horario de tarde

Correos abrirá o vindeiro venres, Día das Letras Galegas, as súas oficinas postais de Galicia para facilitar as xestións relacionadas co voto por correo. 

En concreto, segundo informou a entidade, as oficinas postais estarán abertas en horario de 08,30 a 14,30 horas para permitir aos cidadáns recoller e enviar a documentación electoral, que se empezou a repartir o pasado luns, día 13. 

Esta medida inclúe a todas as oficinas de Correos, excepto ás que se atopan en edificios institucionais ou centros comerciais que permanezan pechados ese día. 

Ademais, 16 oficinas das principais cidades galegas permanecerán abertas en horario ininterrompido de 08.30 a 21,00 horas. Así os cidadáns de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Vigo, poderán acudir tamén en horario de tarde para realizar as súas xestións de voto por correo. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/correos-abrira-galicia-dia-das-letras-galegas-facilitar-voto/20190515202235058434.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)