Curtocircuíto preestrenará 'O que arde' el próximo 1 de octubre en Compostela

La presentación tendrá lugar en el Teatro Principal, en una sesión especial en la que estarán presentes Oliver Laxe y los dos protagonistas de la película
Oliver Laxe e os actores Amador Arias Mon e Benedicta Sánchez Vila posan en Cannes. JULIEN WARNAND (EFE)
photo_camera Oliver Laxe e os actores Amador Arias Mon e Benedicta Sánchez Vila posan en Cannes. JULIEN WARNAND (EFE)

O festival de cine Curtocircuíto preestrenará o próximo día 1 de outubro en Santiago de Compostela o último filme do cineasta galego Oliver Laxe, O que arde, que resultou premiado polo xurado na pasada edición do prestixioso festival de Cannes.

Esta presentación terá lugar no Teatro Principal da capital galega ás 22.30 horas, nunha sesión especial na que estarán presentes o propio director da película e os dous protagonistas da mesma.

O que arde, producido por Miramemira, 4 a 4 Productions, Tarantula e Kowalski Films, conseguiu o premio do xurado da sección oficial do pasado festival de Cannes e proximamente competirá noutros certames de prestixio, como os celebrados en Toronto ou Nova York.

Así mesmo, a estrea oficial do filme en España realizarase no festival de San Sebastián o próximo mes de setembro antes de chegar ás salas comerciais o 11 de outubro da man de NUMAX Distribución.

En canto a Curtocircuíto, este festival celebrará a súa décimo sexta edición entre os días 28 de setembro e 6 de outubro, cunha programación aínda por revelar pero que -informan desde a organización- irán contando en datas próximas e que manterá as categorías xa clásicas do certame.

Comentarios