Denuncia que sufriu un accidente e acaba multado por ir borracho en patinete

Os feitos ocorreron na rúa Blanco Porto sobre as 7.45 horas
El patinete accidentado. DP
photo_camera Patinete eléctrico. ARCHIVO

Un veciño de Pontevedra acabou multado por conducir bébedo e pola beirarrúa un patinete eléctrico. O curioso do caso é que foi el mesmo o que alertou á Policía Local para denunciar que un coche que saía dun garaxe lle dera un golpe.

O suceso produciuse na rúa Blanco Porto sobre as 7.45 horas. Cando a patrulla da Policía Local desprazouse ata o lugar, o home explicoulle o sucedido. Unha vez trasladado a dependencias policiais para efectuar as dilixencias pertinentes, os axentes observaron que podería estar baixo os efectos do alcol, polo que foi sometido á proba e deu positivo cunha taxa de 0,53 mg/l.

Por iso, o home, de 29 anos, foi denunciado por conducir un vehículo cunha taxa superior á permitida, o que lle podería carrexar unha sanción de 500 euros. E ademais, tamén é denunciado por circular pola beirarrúa cun patinete eléctrico, o que lle podería valer unha multa doutros 200 euros.

Este é o segundo suceso cun patinete eléctrico rexistrado nos últimos días en Pontevedra, logo da a irrupción dunha moza na AP-9 un destes vehículos.