Imprimir

Denunciado un banco de Tui polas colas que se forman no exterior

Axencias | 01 de mayo de 2020

Colas no exterior da sucursal bancaria en Tui. CONCELLO
Colas no exterior da sucursal bancaria en Tui. CONCELLO
Só abre dous días á semana e os clientes poden esperar ata dúas horas a ser atendidos

A Policía Local de Tui remitiu á Subdelegación do Goberno en Pontevedra unha denuncia contra unha oficina bancaria situada na rúa Colón da localidade por xerar grandes colas de clientes na rúa ao abrir ao público só dous días á semana. Nun comunicado, o Concello informa de que a Policía Local vén observando desde hai varias semanas como clientes dunha entidade bancaria fan cola á espera de realizar xestións nesta oficina, que só abre dúas veces á semana.

Estes clientes, abundan desde a corporación local, poden esperar ata dúas horas ata que son atendidos. A Policía Local de Tui considera que de abrir a diario ou ben facelo a outra sucursal que esta entidade bancaria ten no municipio aliviaría estas colas e evitaría que os clientes "queden expostos no exterior" nas actuais circunstancias de alerta sanitaria pola pandemia do coronavirus.

Así llo trasladaron á dirección da sucursal da rúa Colón sen que polo momento haxa ningunha novidade respecto da operativa.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/denunciado-banco-tui-polas-colas-forman-exterior/20200501164229077415.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)