O Deportivo destitúe a Natxo González

O técnico dirixiu na mañá deste domingo o seu último adestramento co club coruñés

Natxo González. MOVISTAR+
photo_camera Natxo González. MOVISTAR+

O Consello de Administración e a dirección deportiva do Deportivo da Coruña reuníronse na tarde deste domingo para tomar a decisión de destituír a Natxo González como adestrador do primeiro equipo.

O club así o anunciou nunha nota publicada a súa páxina web. No comunicado, a entidade coruñesa agradece ao técnico "a súa profesionalidade, traballo, dedicación e actitude exemplar nesta etapa á fronte do equipo, desexándolle a maior das sortes no seu futuro profesional e persoal".

A destitución chega logo de perder ante o Raio Majadahonda por 0-2 e encadear unha mala serie na liga.

Aínda con todo, Natxo González dirixiu este domingo o adestramento do equipo coruñés .

Comentarios