O Deportivo envía equipamentos para dúas iniciativas sociais en Camerún

Os centros educativos disporán agora de material deportivo enviado polo club galego
Os xogadores do Dépor celebran unha vitoria. RC DEPORTIVO
photo_camera Os xogadores do Dépor celebran unha vitoria. RC DEPORTIVO

O Deportivo, a través da súa Fundación, ha enviado equipamentos a dous centros educativos de Camerún por iniciativa de senllos afeccionados branquiazuis.

Un dos envíos de material deportivo xurdiu por mor da petición de Alexandre Sureda, seguidor deportivista que desde hai semanas imparte clases de castelán, inglés e deporte en Azobe, un colexio cerca do centro de Yaundé, a capital do país africano.

O centro, segundo explica o Deportivo, é unha institución trilingüe que naceu hai tres anos e que na actualidade forma a 84 mozos de entre 5 e 9 anos e agora dispoñen de material deportivo que enviou o club galego.

Tamén a Camerún, a través dunha deportivista que pertence a Dentistas sen Fronteiras, chegaron equipamentos dos DéporCampus para colaborar coa ONG Recover Hospitals para África.

Neste caso, os alumnos do colexio católico de Sangmelima foron os receptores destes equipamentos.

Comentarios