Desaloxados 50 pasaxeiros dun autocar que empezou a arder á altura de Cualedro

O lume comezou cando o vehículo  circulaba por un tramo da autovía A-52
O autocar afectado polo incendio. EMERXENCIAS OURENSE
photo_camera O autocar afectado polo incendio. EMERXENCIAS OURENSE
Cincuenta pasaxeiros que se desprazaban en autocar a Santiago de Compostela foron desaloxados este domimgo logo de detectar un incendio na zona do motor cando circulaba por un tramo da autovía A-52, informaron fontes do servizo de Urxencias.

Ao constatar o incendio na parte posterior do vehículo, cara ás 09:15 horas, cando se atopaba nunha zona da citada autovía ao seu paso polo municipio ourensán de Cualedro, os pasaxeiros foron evacuados.

Os bombeiros que acudiron á zona lograron sufocar as chamas tras a rápida reacción do condutor que pediu axuda.

Os pasaxeiros, procedentes da localidade de Chaves (Portugal) e que tiñan previsto efectuar unha visita a Santiago de Compostela, atópanse ben e esperaban a chegada doutro autocar para renovar a súa viaxe.