Desmantelan unha rede que enviaba cocaína oculta en queixos desde Pontevedra a Huesca

A Policía Nacional incautó 200 gramos desta sustancia na operación

Uno de los quesos en los que iba oculta la cocaína. DP
photo_camera Uno de los quesos en los que iba oculta la cocaína. DP

Axentes do Grupo de Estupefacientes da Comisaría Provincial desarticularon un grupo criminal dedicado á distribución de cocaína oculta en queixos desde Pontevedra ata Huesca.

Os investigadores, tras confirmar a existencia dos envíos, organizaron unha entrega controlada para cazar ao receptor das sustancias nas patacas. Os envíos realizábaos un mozo orixinario da Illa de Arousa.

O fiscal Antidroga de Pontevedra, Pablo Varela, coordinou  as investigacións, que desembocaron no achado de tres queixos con máis de 200 gramos de cocaína e a detención dun aragonés e un galego por senllos delitos contra a saúde pública.

Comentarios