Deteñen en Albacete a un home por acosar e ameazar a Paula Vázquez

O home, de 43 anos, quedou en liberdade tras declarar ante os investigadores

Paula Vázquez. EP
photo_camera Paula Vázquez. EP

Un home foi detido en Albacete por acosar e ameazar a Paula Vázquez a través das redes sociais. O home declarou ante os investigadores e foi posto en liberdade, aínda que agora deberá comparecer ante o xuíz.

O usuario ameazábaa por Twitter, Facebook e Instagram, mesmo por Whatsapp, e elevou o ton no mes de outubro. A unha mensaxe na que a actriz criticaba á Xunta de Galicia pola reacción aos incendios na comunidade, a resposta que deu o detido foi: "E que tal se che botamos un pouco de gasolina no c... e che metemos lume, HP".

Aínda que Vázquez optaba por bloquear, a situación foi a máis, con fotografías mesmo da vivenda da presentadora. Foi entón cando se decidiu por denunciar.

Comentarios