Imprimir

A Policía detén unha muller tras un incendio na súa vivenda en Vigo

Efe | 14 de junio de 2018

Axentes da Policía Nacional durante un operativo. ARCHIVO
Axentes da Policía Nacional durante un operativo. ARCHIVO

O lume obrigou ao desaloxo de todo o edificio, situado no número 26 da céntrica rúa Elduayen, que permaneceu cortada ao tráfico

A Policía Nacional detivo a unha muller en relación co incendio á primeira hora da mañá deste xoves nun estudo na rúa Elduayen, en Vigo, segundo informaron fontes policiais.

A muller atópase nestes momentos detida e ingresada pendente de valoración psiquiátrica, precisan as fontes.

O incendio produciuse sobre as 6.30 horas e obrigou ao desaloxo de todo o edificio, situado no número 26 da céntrica rúa Elduayen, que permaneceu cortada ao tráfico mentres duraron os traballos dos bombeiros, e non causou danos persoais. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/detida-muller-incendio-sua-vivenda-vigo/20180614104127034844.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)