Imprimir

Detido un axente de Aduanas por supostas filtracións de información a narcos galegos

Víctor Méndez | 12 de junio de 2020

O xefe superior de Policía de Galicia, a subdelegada en Pontevedra e o comisario xeral da Policía Xudicial, no porto de Vigo a finais de abril. DP
O xefe superior de Policía de Galicia, a subdelegada en Pontevedra e o comisario xeral da Policía Xudicial, no porto de Vigo a finais de abril. DP

A Policía Nacional detivo en Madrid un axente do Servizo de Vixilancia Aduaneira destinado en Vilagarcía acusado de filtrar información a distintas bandas de narcotraficantes galegos. A investigación, que levaba tempo fraguándose, selouse do peor modo posible para o investigado: foi cazado in fraganti mentres recibía preto de 400.000 euros de mans dun narco colombiano.

Os investigadores sospeitan que traballaba para a flor e nata do narco das Rías Baixas. Non en balde, estudan a súa posible vinculación coas filtracións ocorridas en asuntos recentes, como a fuga de Juan Carlos Santórum tras a caída do Karar ou a non recepción da cocaína do semisomerxible de Aldán.

O detido permanece na sede policial de Canillas (Madrid) á espera de comparecer ante o xuíz de Vigo que instrúe a causa contra el.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/detido-axente-aduanas-supostas-filtracions-narcos-galegos/20200612020307079648.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)