Detido un menor como presunto autor da morte da súa nai en Foz

O crime produciuse de madrugada ►A vítima é unha muller duns 30 anos
Portal de la vivienda en la que residían el menor detenido y su madre EP
photo_camera Portal de la vivienda en la que residían el menor detenido y su madre. EP

Un mozo de 17 anos foi detido este luns por axentes da Garda Civil como presunto autor da morte da súa nai no municipio de Foz. 

Segundo informaron fontes da investigación, a detención do menor tivo lugar sobre as 12,30 horas deste luns como presunto responsable da morte da súa nai. 

A morte supostamente produciuse de madrugada nesta localidade da Mariña luguesa, onde foi localizado o cadáver da muller, duns 36 anos, que presentaba varias puñaladas.

Por parte da Garda Civil aclararon que tratan o caso como un delito de violencia "doméstica", debido a que o menor e a súa nai compartían domicilio. 

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, afirmou que "se se confirman" as sospeitas da Gardia Civil, estaríamos ante un feito "bastante horrible e execrable", un comportamento que escapa "a toda razón e lóxica".

En calquera caso, quixo lanzar unha mensaxe de "tranquilidade" aos veciños desta localidade, cunha poboación duns 10.000 habitantes, porque asegurou que os corpos e forzas de seguridade do Estado están traballando "con toda dilixencia" e da forma "máis áxil posible" para resolver este crime.

Comentarios