Dezaseis artistas galegos miden a súa voz en 'A liga dos cantantes extraordinarios'

Participantes no programa 'A liga dos cantantes extraordinarios'. EP
photo_camera Participantes no programa 'A liga dos cantantes extraordinarios'. EP

A TVG estrea este xoves ás 22.15 horas a nova tempada de A liga dos cantantes extraordinarios, un concurso musical no que 16 artistas galegos medirán a súa voz e elixirase o mellor cantante deste ano 2020.

O formato, producido pola produtora El Progreso cun formato de Centroña Producións Audiovisuais, estará presentado por Paco Lodeiro.

O xurado, tradicionalmente formado por Pili Pampín, Lito Garrido, Lucía Pérez e Mom, contará nesta ocasión tamén co artista Ula. Os cinco encargados de puntuar aos participantes terán a colaboración ademais de César Romero e Pepe Capelán.

"A finalidade deste programa é que familias enteiras se divirtan e gocen da música nas súas casas, sobre todo nestes tempos de crise sanitaria" de Covid-19, explica Iria Torreiro, de Centroña, quen destaca que "o formato non é un concurso propiamente, pois non hai un premio como tal, o importante é que os participantes se divirtan e fagan pasar un bo intre á audiencia".

Os programas emitiranse os xoves pola noite na TVG e haberá doce galas ordinarias e unha extraordinaria. Na primeira gala, que se emite este xoves, pasarán oito artistas á seguinte fase, pero os oito restantes poderán ser repescados ao longo dos programas.

Na nova edición actuarán sobre o escenario 16 artistas do panorama galego: Nakary (Olympus), Ana Paz (Cinema), Kris Somad (Capitol), Monia Borges (Marbella), Rita Barreiro (Charleston), Marga (no tiene orquesta), Takito Mariñas (Televisión), Nando Jon (Génesis), Cristian Moreira (La Fórmula), David Seara (Finisterre), Iván Rodríguez (New York), Alba Navarro (Satélites), Dani Lamas (Kubo), Diego Barbazán (Fania Blanco Show), Irene Iglesias (Panorama) y Fran Castellanos (Saudade).

Alejandra Pais, a gañadora de 2019
A cantante da orquestra New York, Alejandra Pais, foi a gañadora en 2019 da primeira edición do programa.

O público, limitado
Con motivo da crise do Covid, nesta nova tempada o público asistente ás galas limitarase a 24 persoas repartidas en mesas separadas.

Comentarios