Imprimir

Dimite o alcalde de Cerceda tras ratificarse a súa condena por prevaricación

Efe | 14 de enero de 2020

El alcalde de Cerceda, José García Liñares. EP
El alcalde de Cerceda, José García Liñares. EP
A súa renuncia farase efectiva "nuns días"

O alcalde do concello coruñés de Cerceda, José García Liñares, anunciou este martes a súa dimisión, unha semana despois de que a Audiencia Provincial ratificase a súa inhabilitación durante oito anos por un delito de prevaricación administrativa.

José García Liñares confirmou, en declaracións a Efe, que a súa dimisión farase efectiva "nuns días"

Nunha comparecencia ante a prensa, o rexedor expresou que, aínda que non entende a sentenza, acataraa coa súa dimisión "irrevogable" que se realizará, como moi tarde, en quince ou vinte días.

A sentenza da sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña desestimou o recurso de apelación interposto polo rexedor e o arquitecto técnico do Concello de Cerceda contra a resolución do Xulgado do Penal número 2 da Coruña que os condenou por irregularidades na contratación das obras do xardín botánico. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/dimite-alcalde-cerceda-ratificarse-sua-condena-prevaricacion/20200114161235071848.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)