Imprimir

Disposición a falsificar

Tito Diéguez |

Galiciae | 08 de noviembre de 2019

SE ME QUEDARA capacidade de asombro acerca da actividade política desconcertaríame a disposición a falsificar dos nosos líderes. Non é novidade, aínda que magnificada na campaña electoral, por iso non causa estupor o que debería ser aberración digna de dimisión, porque un representante público tería que deixar de selo se engana. Algúns fano escandalosamente, sobre todo o líder xenófobo, que para sustentar a súa ideoloxía asegura que o 70% dos imputados por delitos sexuais son estranxeiros, cando o certo é que o 70% son españois, e que foi arquivado o 86% das denuncias por violencia de xénero, cando a realidade di que só foi o 1,3%. No seu rotundo nacionalismo español o aspirante a presidente polo principal partido da oposición relata que só Bolivia establece o plurinacionalismo na súa Constitución, cando iso tamén ocorre en Chile ou Rusia, e de feito recoñécese en Canadá, Bélxica ou Suíza. Pero o real non interesa, só arrabuñar uns votos. 
Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/tito-dieguez/disposicion-falsificar/20191108170942068273.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)