Opinión

Do churrasco tamén se sae

Unha churrascada. ARCHIVO
photo_camera Unha churrascada. ARCHIVO
DO CHURRASCO tamén se sae. Ou iso espero. Van tres nunha semana. Supoño que é a forma que temos por aquí de dicírmonos que nos queremos. Tres meses sen vernos? Celebremos o reencontro cunha sobredose de colesterol; impregnémonos ata o fondo da nosa alma porcina dese celestial arrecendo a graxa ben torrada pola brasa. Viño e licor café para darlle a benvida á prenormalidade, se esa é a fase na que estamos, que un xa perde a conta. O bo é que todo exceso calórico da churrascada baixa axiña cos interminables e estériles paseos no procura de terraza. Din que unha vez houbo quen conseguiu mesa en Compostela. É lenda urbana. Como a de que existe un prato chamado churrasco ao forno.

Comentarios