Imprimir

Este domingo non te perdas o Táboa Redonda: Alemaña Imposible

Redacción | 31 de agosto de 2019

Wilco, ou sexa Jeff Tweedy, saca disco este mes, Ode to Joy’. Lois Pérez analiza a confusión vital do líder da banda, que el describiu na canción Imposible Germany. Portorosa deixa morrer o verán en Menorca. Camilo Franco entende que é un erro considerar que a política é allea a nós, como ben explica a serie Years & Years. Javier Nogueira tamén entra en política comentando un ensaio de Corey Robin sobre o pensamento reaccionario. Nicolás Carreira Pena incorpórase a Táboa Redonda destapando a trampa que había baixo a solidez loira de Sharon Tate. Jaureguizar constata que medrou dous centímetros e escribe arredor dunha lectura da novela El colgajo de Philippe Lançon, supervivinte dun atentado.
Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/cultura/domingo-non-perdas-taboa-redonda-alemana-imposible/20190831230451064255.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)