Domingo de sol e máximas en descenso

tempo

Galicia continuará este domingo baixo a influencia anticiclónica, polo que continuarán os ceos despexados en xeral, con ventos do nordés, e un lixeiro descenso das temperaturas, segundo a predición de Meteogalicia. 

Tamén é probable que haxa nubes de estancamento no litoral norte e nubes de evolución no interior que se irán formando durante a tarde e non se descarta algún chuvasco. 

O vento soprará frouxo, do nordés, aumentando a súa intensidade pola tarde.

Temperaturas mínimas e máximas previstas para o domingo en Galicia:  A Coruña 11° 18°; Ferrol 10° 21°; Lugo 4° 19°; Ourense 9° 24°; Pontevedra 11° 26°; Santiago 10° 22° e Vigo 13° 25°.

Comentarios