O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse este venres cos organizadores do II Congreso Internacional de Criminalística e con Ángel Manuel Sánchez, o policía de San Cibrao ferido en acto de servizo en Barcelona o pasado mes de outubro.
Recibirá a Medalla ao Mérito Profesional e Académico xunto ao outro axente galego ferido. Farano durante este congreso que comeza esta tarde na Estrada (Pontevedra), informa a Xunta nun comunicado.
Na reunión desta mañá participaron o director e o secretario xeral do Instituto Internacional de Criminalística Aplicada (INICA), Luis Alamancos e Antonio Busto, respectivamente; o director xeral de Urxencias e Interior da Xunta, Santiago Villanueva e o comisario da Policía Autonómica, Fernando Pico.
O II Congreso Internacional de Criminalística Aplicade está dirixido aos profesionais das forzas e corpos de seguridade e doutros servizos de urxencias e nel, expertos de renome en distintos ámbitos, abordarán as distintas vertentes da investigación criminal, continúa a nota.