Drons e unhas 7.000 persoas participarán no operativo contra incendios da Xunta

O Goberno galego aproba este plan contra lumes, que amplía de 4 a 5 meses o despregamento de persoal fixo descontinuo 

Dron de vixilancia de incendios. EP
photo_camera Dron de vixilancia de incendios. EP

O Goberno galego aprobou este xoves o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) de 2019, que incorporará a vixilancia aérea a través de drones e implicará a uns 7.000 efectivos –entre persoal do Goberno galego e do estatal, unha trintena de medios aéreos e 360 motobombas. 

Diso informou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa posterior á reunión semanal co seu Executivo. Así, explicou que se ampliará de catro a cinco meses a presenza de 900 integrantes do persoal fixo descontinuo da Administración autonómica, que agora permanecerán despregados entre os meses de xuño e outubro. 

Outra das novidades coas que contará o Pladiga 2019, que estará dotado de 110,6 millóns de euros, será o uso de drons para apoiar as tarefas de vixilancia, que tamén se utilizarán para xestionar a biomasa nas chamadas franxas de seguridade contra incendios. "Permitirannos concretar cales non están limpas", explicou o titular do Goberno autonómico. 

Así mesmo, o dispositivo contará maior vixilancia fixa, que suporá o incremento dun 35% do número de cámaras fixas, ata as 118 unidades, coas que se cubrirán 200.000 hectáreas máis. "Aproximadamente a metade da superficie do noso territorio poderase ver a través de cámaras fixas", destacou Feijóo.

ALERTAS TEMPERÁS. No ámbito tecnolóxico, outra das melloras será o desenvolvemento dun proxecto piloto de alertas temperás en puntos estratéxicos que recollan observacións meteorolóxicas para concretar os datos da contorna dos incendios en canto a vento, temperatura ou humidade. 

Ademais, Feijóo subliñou que se reforzará" a formación do persoal a través de 15 cursos centrados en seguridade, primeiros auxilios, investigación, condución de vehículos todoterreo e motobombas, entre outros. 

No entanto todo iso, as parroquias de alta actividade incendiaria (PAAI) reducirase en seis respecto ao pasado ano, de modo que pasarán a ser 71. 

Por outra banda, o presidente da Xunta avanzou que a Consellería do Medio Rural prevé levar ao Parlamento galego unha nova lei de defensa contra os incendios forestais que contará con achegas do persoal de servizo. 

Comentarios