O cura de Vieiro, no municipio de Viveiro, tivo que ser asistido da conmoción sufrida tras o asalto do que foi obxecto este venres pola tarde, pasadas as sete e media. Tres individuos encapuchados esperábano na porta da reitoral para roubarlle.
Primeiro o amordazaron con cinta adhesiva e atárono a unha cadeira nunha habitación, para despois rexistrar as estancias, ata que atoparon uns mil euros que gardaba nun sobre no despacho. Foron uns veciños os que o socorreron unha vez que os asaltantes se marcharon e o párroco puido saír da reitoral dando tumbos.
A Policía Nacional investiga os feitos, que causaron forte impresión na parroquia, situada fronte ao centro urbano de Viveiro, alén da ría e a ponte da Misericordia.