Opinión

Endurecemento penal

CANDO NO mundo se rebaixa a presión penal, España toma o camiño inverso. O pasado ano reducíronse as execucións un 4% e un 30% en comparación co 2015. Dous novos países aboliron o pasado ano esta condena estrema e varios máis están en proceso. Demostrado está que a aplicación da pena de morte non serve para previr crimes, o  mesmo que a severidade doutras sancións, pero en España a lexislación e a súa práctica están tomando a senda do endurecemento. A lei mordaza limita dereitos fundamentais e ultimamente ata se busca equiparar cortes de vías ou erguemento de barreiras nas autoestradas con terrorismo na busca do agravamento dos correctivos. E nesta mesma filosofía vingativa como substitutiva da actual de readaptación social emprendeuse unha campaña pola cadea perpetua que ameaza con incrementar os castigos. Como se o país precisara máis penalizacións.

Comentarios