Imprimir

Entradas xa dispoñibles para o concerto de outubro de Amaia na Coruña

Redacción | 01 de julio de 2019

Amaia Romero. EP
Amaia Romero. EP

A pamplonesa actuará o próximo 19 de outubro, ás 21.00 horas no Palacio da Ópera

Amaia Romero ofrecerá este ano un concerto na Coruña. A cantante, coñecida polo seu paso Operación triunfo, confirmou que a cidade galega será unha das paradas da súa xira, na que presentará os temas do seu álbum debut.

A pamplonesa interpretará temas como El relámpago ou Un nuevo lugar —as súas primeiras composicións— o próximo 19 de outubro, ás 21.00 horas no Palacio da Ópera.

As entradas están xa á venda por un prezo de 35 euros.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/cultura/entradas-xa-disponibles-concerto-outubro-amaia-coruna/20190701234819061276.html


© 2021 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 37 B 2ºC Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)