Opinión

Escasa calidade democrática

QUIZAIS polo bucle no que se entrou, pola acción-reacción de ambas as partes, en Cataluña está fallando a democracia, nos dous bandos, porque na base deste sistema político está o consenso, que como recorda o profesor experto en resolución de conflitos Manuel Ernesto Salamanca non significa ausencia de discusión e moito menos acougamento das voces en disenso, a democracia progresiva é a que crece para adaptarse ás razóns polas cales se entra en antagonismo, que é precisamente o que sustenta a estrutura. Pero aquí non, por un lado recórrese á lei como único argumento dun sistema apoiado nun consenso perdurable máis que nun renovable; e por outro desprézase e detúrpase a mesma lei para impoñer un cambio sen acordo, pacto que está implícito no sistema democrático pero que aquí non se aplica. Entón, podemos concluír que vivimos un proceso de escasa calidade democrática.

Comentarios