Imprimir

Escribir en galego

Ánxel Fole |

Ánxel Fole | 13 de enero de 2021

.
.
Escribir en galego non é mesmo que escribir en castelán. Cada fala ten as súas pecualiaridás e as súas carauterísticas, que integran a súa tipicidade.

TIPICIDADE EN galego non é mesmo que escribir en castelán. Cada fala ten a súa pecualiaridá e as súas carauterísticas, que integran a súa tipicidade. A tipicidade do galego é verdadeiramente inconfundíbel cas das outras falas do solar ibérico. Ten notas propias e moi súas. Mais non temos unha sola obra que fixe ista tipicidade. En comparanza co castelán, o cultivo escrito da nosa lingua é moi probe. A nosa literatura conta con pouco máis de mil libros... Máis iso quer decir que a súa variedade de formas é solprendente hasta prós mesmos galegos. Algo así como o castelán no século XV. E tamén significa que escribir en galego é moi diferente de escribir en castelán ou francés, poño por caso. O galego ten unha fluidez carauterística. Semella como un idioma que inda se está a formare.

Os escritores en galego saben por experiencia que nos seus traballos que se pubrican saien máis erratas que en castelán. Si escribiu —poño por caso— ningures, ver que lle puxeron ningueres... Algo asina como se escribira palimpsesto e se esquenceran de lle pór a pé... Despois de tantas voltas veño dicirlle: Que a nota máis tipificante do idioma galego é súa desconcertante variedade. Como si en vez do galego se tratase galegos. A unificación do galego está aló no porvir, cando o seu cultivo escrito seña dez veces meirande do que hoxe é. De todo esto ben se decata o escritor. ¿Dixen escritor? Pois ben podería dicir esquirtor. Tan galego é un nome coma autro. Levo dito decatar, percatar en castelán, e ben podería escribir porcatar. As dúas derradeiras verbas están na boca do pobo. Atenda o leitor uns intres e teña pacencia.

Imos supor que estamos na obriga de escribir algo das bidueiras. Teño cinco nomes para escoller. As bidueiras chámanse tamén abedoeiras, bidalos, bidros, etc. asegún diferentes zonas lingüísticas de Galicia. E non somentes iso, senón tamén que varea o seu xénero. Se bidueira é feminino, bidro é masculino. "O bidro tremaba co vento" é como decir "a abedoeira tremaba co vento". Razón que convence, coma din os nosos petrucios. Máis cuasemente non se pode decir, chegado o caso, cal é o millor que autro. Asegún os casos e asegún o xeito da construcción. Eu podo decir en bon galego: "Foi aló pre os vere"... E podo decir: "Foi aló prós ver".

En toda fala hai dúas presiós que son ben difrentes: unha direición práutica, que recorta as verbas e suprime mesmo sílabas e letras. Máis tamén hai outra direición estética, que opera sobre a súa estroitura, cambeando o seu son.
Mais outramente, a escolma de palabras ou verbas faise por senso estético. Eu podo decir co mesmo siñificado "inda que", inque, anque. Escollo a adversativa que millor son teña de tódal-as frases según a colocación da frase. Poño por caso: "Inque te vise pedindo pol-as portas,non che botaría a mao". Cecáis sone millor que inque. Tan lícito é decir "vai nebra" como "vai néboa". As dúas son verbas galegas e ben galegas. Discutilo está fora de razón. Si eu dixese: "o discutilo", a construición sería "barbarizante". Chegamos o punto de onde arrincamos: o galego non é tan doado de escribire como o castelán.

O leutor debe de se decatare que a grandísima variedade do galego xurde onda menos se pensa. Tanto se pode escribir século como siglo. Hoxe por hoxe non hai un galego patrón. Se os de Lugo din castiro, os falantes do Incio din castiñeiro. Todo varea en galego, c-unha variedade outramente farturenta. Os nomes dos paxaros, das albres, dos froitos, dos fenómenos do tempo,... O albre de unhas terras é a álbore que se di n-autras. Ou a árbore. Por todo o que levamos dito non lle debe parecer raro ó leitor que cheguemos á siguinte conclusión: nin xiquer se entende que un escritor en galego poida selo sin falal-o galego de cote, pol-o seu costume. A fala é "o que se fala". Coñecer ben o galego falado é unha obriga de todos cantos escriben.Dixemos algo axeitado encol da tipicidade da nosa fala rexional. Amigo leitor, ó galego hai que collel-o xeito, o seguido. Agora anotamos unha paradoxe... Antre os piores enemigos do emprego cotián da fala galega, atópanse moitos que falan moi mal o castelán.

17 de maio de 1970

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/anxel-fole/escribir-en-galego/20201230223015088996.html


© 2021 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 37 B 2ºC Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)