Imprimir

Esperanza para o galego

Cristina L. Felipe |

Galiciae | 15 de Mayo de 2019

APROXÍMASE UN novo 17 de maio, Día das Letras Galegas, unha efeméride que concellos, asociacións ou centros educativos conmemoran cunha ampla programación de actividades para divulgar unha lingua que esmorece entre as xeracións máis novas —un estudo sinala que máis do vinte por cento dos menores galegos de quince anos non o sabe falar—, o que lle augura un futuro moi escuro, por non dicir que se está empezando a escribir o seu epitafio.

Vexo con tristura a veciños ou familiares coetáneos meus que o mamaron dende nenos e o seguen falando entre si pero que se refiren aos fillos en castelán —todo sexa polo seu ben, canto mellor lles vai ir na vida—, ou emprégano nas súas publicacións nas redes sociais excepto en xornadas coma esta que se achega, no Día de Rosalía ou no Día de Galicia, todo postureo.

Nalgún lugar do subconsciente temos asociado aínda o galego a baixa categoría social e/ou cultural e son moi necesarias as campañas de promoción das administracións e todas as actividades que se organizan estes días, pero ao final a decisión de seguir mantendo viva a lingua vai depender de cada un de nós. Haberá esperanza? Agardo que si.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/cristina-l-felipe/esperanza-para-o-galego/20190515191021058426.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)