Opinión

Estratexia por distanciarse para logo unirse

DESDE QUE os resultados electorais de Andalucía reflectiron que o candidato do PP sería o novo presidente esfórzase Ciudadanos en amosar diferencias coa outra formación das tres nas que agora se dividen as dereitas, non vaia ser que os potenciais votantes tamén o cualifiquen como machista, xenófobo ou facha.

Porén o PP non deu ese paso, como se se atopara cómodo con Vox; total, os seus principais dirixentes ata hai nada compartían siglas, se ben racharon con elas por consideralas mornas, pero medraron baixa as ás do charrán. Desa casa común fuxiron votantes cara ambos os dous lados, e a dirección parece máis interesada en recuperalos pola dereita, aínda que desa estratexia reneguen presidentes autonómicos como o galego, que alertou xa dos riscos de achegamento ao estremo. E non foi o único líder autonómico (País Vasco, Castela e León, Comunidade Valenciana) que descualifica a Vox, pero ao PP non lle queda outra que pactar con el.
 

Comentarios