A webserie galega Peter Brandon, un proxecto da firma coruñesa Porco Bravú protagonizado polo cómico Pedro Brandariz, estréase este domingo online.
Esta comedia, ao estilo falso documental, satiriza o sector audiovisual galego a través duns personaxes inadaptados e mostra a vida dun cómico fóra do escenario. Conta con diversos coñecidos actores galegos como Xosé Touriñán, Marcos Pereiro, Miguel de Lira, Evaristo Calvo, María Tasende, David Amor e Isabel Risco, entre outros. O lanzamento da serie poderase seguir na canle de Youtube da produtora Porco Bravú e a emisión en directo contará con varios pases, así como coloquios cos actores e o equipo técnico.
A webserie conta o cambio que vive Pedro, quen farto do seu traballo decide emprender un novo camiño a través da identidade de Peter Brandon para alcanzar o seu soño de presentar un 'late night' en Galicia. TEXTO: EUROPA PRESS
Buscar
Cultura
Estréase a webserie galega 'Peter Brandon'
17/dic./17
Actualizado: 17/dic./17
Lo más visto
Más en Cultura
play_arrowCultura
'September', a oda de Sting e Zucchero ao agardado fin da pandemia
play_arrowCultura
Luar na Lubre en Fisterra
play_arrowCultura
Luar na Lubre en Fisterra
play_arrowCultura
Os mellores momentos da gala dos Premios Goya 2020
play_arrowCultura
Falece Anna Karina, actriz icona da 'nouvelle vague'
Comentarios