Ethel Vázquez acusa ao PSdeG de interpretar un "melodrama" co Ave

A conselleira asegurou que o Goberno de España “non nos está dicindo a verdade”, porque, segundo expresou "é imposible” que se poidan cumprir os prazos comprometidos
Ethel Vázquez e Alberto Núñez Feijóo.LAVANDEIRA JR (Efe)
photo_camera Ethel Vázquez e Alberto Núñez Feijóo. LAVANDEIRA JR (Efe)

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asegurou que os galegos están xa “cansados” de políticos “socialistas que son actores e non xestores”, porque saben que o Goberno de España non vai cumprir os prazos para chegada do Ave a Galicia e están a interpretar un “melodrama”.

Segundo Ethel Vázquez, a resposta dos “políticos socialistas” a ese informe elaborado polos técnicos da Xunta de Galicia no que ponse de manifesto que a execución do Ave a Galicia acumula “un importante atraso”, foron “os insultos e os descualificativos” ao goberno galego, coma se estivesen inmersos “nunha melodrama”.

A conselleira asegurou que o Goberno de España “non nos está dicindo a verdade”, porque , segundo expresou "ninguén pode negar que a estas alturas é imposible” que se poidan cumprir os prazos comprometidos polo presidente en funcións, Pedro Sánchez.

Ademais, Vázquez instou ao Ministerio de Fomento a aclarar se en 2019 vai estar operativo o tramo Zamora-Pedralba ou se os galegos “van poder coller o Avr a Madrid en 2020”, como estaba inicialmente previsto.

Comentarios