Morre un motorista en Rianxo tras chocar contra un turismo

Os efectivos sanitarios trataron de reanimalo durante case unha hora

Un home morreu na noite deste sábado nun accidente de tráfico na estrada DP-7202 ao colisionar a moto na que circulaba contra un turismo no lugar do Pazo, en Rianxo. Ocorreu pouco antes das dez, en torno ás 21.45 horas e, segundo informa a TVG, os servizos sanitarios trataron de reanimar o falecido durante case unha hora.

A vítima é un veciño da parroquia de Asados. A Garda Civil investiga agora as circunstancias nas que tivo lugar o sinistro.

O accidente provocou retencións de tráfico.

Comentarios