Unha familia de corzos déixase ver no párking dun restaurante de Pontevedra

Os responsables do asador A Granxa do Costado, no barrio pontevedrés de Valdecorvos, gravaron na mañá deste venres unha familia de corzos paseando polo párking.

O seu propietario explicou a este xornal que non é a primeira vez que os ven nas inmediacións do local, a onde baixan en busca de pasto a primeira hora do día.