Unha familia de Taboadela pide axuda tras incendiarse a caravana onde vivía

O matrimonio e os seus dous fillos estaban de viaxe cando se proclamou o lume

Restos da caravana tras o incendio. TVG
photo_camera Restos da caravana tras o incendio. TVG

Un incendio calcinou por completo a caravana onde vivía un matrimonio de Taboadela cos seus dous fillos, de 9 anos e un mes de idade. A familia perdeuno todo no incendio e por iso piden a solidariedade dos veciños para poder volver á normalidade canto antes. 

Roupa, electrodomésticos... calquera achega é válida para esta familia, que afortunadamente estaba de viaxe cando se proclamou o incendio e ninguén resultou ferido. O lume tamén afectou a tres caravanas máis e un turismo.

O matrimonio –ambos sen traballo– e os nenos vivían desde hai aproximadamente un ano na caravana, aparcada nun terreo cedido pola súa familia.