Imprimir

Ferido ao precipitarse desde a Torre de San Sadurniño

Galiciaé | 11 de julio de 2019

Torre de San Sadurniño FERNANDO SALGADO
Torre de San Sadurniño FERNANDO SALGADO

O mozo presentaba un traumatismo na cabeza

Un mozo resultou ferido de consideración logo de caer da Torre de San Sadurniño, situada nun illote do barrio mariñeiro de San Tomé, en Cambados. Os feitos ocorreron minutos antes das oito da tarde deste mércores, cando o mozo se precipitou ás rocas desde o alto da torre.

A chamada dun particular ao 112 Galicia permitiu activar o operativo para a atención do ferido, que presentaba un traumatismo na cabeza. Así, ademais dos profesionais dos sanitarios, dirixíronse ao lugaros membros do servizo local de urxencias para colaborar na asistencia e traslado do mozo ata a ambulancia.

Convén indicar que, a pesar do golpe, a persoa estaba accesible, tal e como sinalou quen alertou o 112 da caída. Deste xeito, descartouse a intervención de servizos de rescate por mar, pero si por terra para colaborar co persoal médico na evacuación do ferido. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/ferido-consideracion-mozo-precipitou-torre-san-sadurnino/20190711105725061719.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)