As festas de María Pita contarán coa presenza de Gloria Gaynor, Raphael e Estrella Morente

As celebracións comezarán o día 1 de agosto con Mercedes Peón de pregoeira  No Festival Noroeste participarán máis de 80 artistas durante todo o mes

Gloria Gaynor. JUAN HERRERO
photo_camera Gloria Gaynor. JUAN HERRERO

O concelleiro de Cultura, José Manuel Sande, presentou durante a rolda de prensa do luns, o programa das festas que se desenvolverán durante todo o mes de agosto, e cuxo orzamento será "similar" ao de anos anteriores, ao redor de 1,5 millóns de euros. Sande destacou a "multiplicación" de actividades nas festas para os diferentes públicos e que se celebran en diferentes localizacións da cidade herculina. 

As Festas María Pita 2018 comezarán o mércores 1 de agosto, co discurso a cargo da cantante coruñesa, Mercedes Peón, quen tamén se subirá ao escenario para cantar, pero será un día despois. Tras a súa lectura, será a quenda do concerto de Gloria Gaynor que estará no escenario da praza de María Pita. Precisamente esta praza será un dos escenarios destas festas, pois acollerá diferentes concertos, entre eles, estará o día 3 de agosto Estrella Morente e o sábado 4 será a quenda de Raphael. Tamén haberá concertos da Orquestra Sinfónica e outras propostas.

FEIRAS E FESTIVAIS. Dentro da oferta musical, tamén destaca a celebración do Festival Noroeste, coa participación de máis de 80 artistas. Do 7 ao 12 de agosto haberá actuacións, ademais da praia de Riazor, en diferentes puntos da cidade da man de artistas como Belle and Sebastian, The Pretenders, Temples e Viva Suecia. 

Os xardíns de Méndez Núñez será outro dos escenarios destas festas de María Pita, xa que acollerá o festexo da feira do libro e o festival Viñetas desde O Atlántico

A programación inclúe tamén a celebración o martes 14 de agosto da batalla naval no Paseo Marítimo e o parque de Santa Margarita tamén repite ao acoller a súa tradicional romaría a finais de mes. Na segunda quincena do mes, as festas trasladaranse aos barrios. Na programación tamén hai oco para o público infantil. El jardín de los libros ou Familirúa son algúns dos programas dirixidos aos máis pequenos.

Comentarios