Imprimir

Franco será exhumado e enterrado no cemiterio do Pardo o 10 de xuño

Efe | 15 de marzo de 2019

A vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo. EFE
A vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo. EFE

Non haberá comunicación nin imaxes, nin convocatoria pública do acto

A vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, anunciou este venres que o Executivo prevé que os restos de Francisco Franco serán exhumados do Valle de los Caídos e enterrados de novo no panteón do cemiterio de Mingorrubio, no Pardo (Madrid), o próximo 10 de xuño, aínda que podería posporse se así o decide o Tribunal Supremo.

Así o avanzou Calvo na rolda de prensa tras o Consello de Ministros, na que engadiu que non haberá comunicación nin imaxes, nin convocatoria pública da exhumación dos restos do ditador.

Deste xeito, o Goberno fixa a data para exhumación sen esperar a que o Tribunal Supremo decida sobre a suspensión cautelar do traslado dos restos, aínda que deixa claro que dita data pode ser posposta se o tribunal anulase ou suspendese esa decisión do Executivo no marco do procedemento contencioso administrativo aberto coa familia.

Para o Executivo, o cemiterio de Mingorrubio-El Pardo, onde xa se atopa inhumada a esposa de Franco, Carmen Polo, permite garantir tanto as condicións de dignidade "e respecto" como a diga sepultura esixidas" e garantindo a "intimidade" dos familiares. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/Cronica/franco-sera-exhumado-enterrado-cemiterio-do-pardo-10-xuno/20190315135050054822.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)