Imprimir

O Frigoríficos estuda aplicar un Erte ante o parón da Asobal

Efe | 18 de marzo de 2020

Os xogadores do Frigoríficos celebran unha vitoria. TWITTER
Os xogadores do Frigoríficos celebran unha vitoria. TWITTER
Fontes do club indican que é unha posibilidade

O BM Cangas Frigoríficos do Morrazo estuda a posibilidade de aplicar un expediente de regulación temporal de emprego (Erte) ante o parón da Liga Sacyr Asobal a causa do coronavirus.

"É unha posibilidade que estamos a estudar. De momento non decidimos nada, estamos a analizar que é o mellor para os nosos traballadores", explicaron a Efe fontes do Frigoríficos do Morrazo, único representante galego na máxima categoría do balonmán español.

O Comité Nacional de Competición da Federación Española (RFEBM) acordou este martes ampliar o período de suspensión de todas as competicións debido "ao estado de alarma" aprobado polo Consello de Ministros como medida para frear a crise do coronavirus.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/deporte-general/frigorificos-estuda-aplicar-erte-paron-da-asobal/20200318124831075284.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)