Imprimir

Frío xoves con mínimas en descenso

Efe | 22 de enero de 2020

Previsión para este xoves. METEOGALICIA
Previsión para este xoves. METEOGALICIA

Galicia terá o xoves unha xornada sen cambios significativos, con nubes matinais no litoral norte e bancos de néboa no interior de Lugo, segundo a predición de Meteogalicia. 

Ao longo do día iranas aumentando as nubes en Ourense, de modo que poderá producirse algún chuvasco ocasional cara á noite. 

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, con formación de xeadas no interior e as máximas quedarán en lixeiro ascenso. 

O vento soprará frouxo, do nordeste, rolando a sueste co avance do día. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas para o xoves en Galicia: 
A Coruña 6°/14°; Ferrol 6°/15°; Lugo 0°/12°; Ourense 0°/16°; Pontevedra 6°/16°; Santiago 6°/14°; Vigo 9°/17°. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/noticias/frio-xoves-minimas-descenso/20200122195833072334.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)