Unha fronte traerá nubes e choiva este domingo a Galicia

Galicia sufrirá durante a xornada deste domingo o paso dunha fronte asociada a unha baixa localizada sobre Irlanda.

Isto quere dicir que se espera unha xornada de ceo moi aberto no leste de Lugo e Ourense, pero tamén choiva, que irá entrando desde as primeiras horas e afectará principalmente a puntos do litoral atlántico.

As temperaturas mínimas serán algo máis suaves que as do sábado, pero as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará moderado de compoñente sur en xeral, forte entre Bares e Fisterra pola mañá.

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 17° 21°, Ferrol 13° 21°, Lugo 8° 21°, Ourense 13° 27°, Pontevedra 13° 21°, Santiago de Compostela 12° 17° e Vigo 13° 23°. 

Comentarios