Galegas 8M chama a "desbordar" Verín o 1M para "celebrar" apertura paritorio

Denuncia a "violencia institucional" sufrida polas veciñas e chama a facer a localidade "capital do feminismo en Galicia"
Manifestación en Compostela, o ano pasado polo 8 de marzo, baixo o lema 'Feminismo para avanzar: xuntas nunha mesma loita'. ARQUIVO
photo_camera Manifestación en Compostela, polo 8 de marzo. ARQUIVO

A plataforma Galegas 8M, que aglutina a decenas de colectivos feministas de toda Galicia, chamou a mobilizarse e "desbordar" Verín o vindeiro domingo 1 de marzo para celebrar "a reapertura do paritorio" e contra "a violencia institucional" cara ás mulleres da comarca froito dunha "decisión patriarcal".

Logo das convocatorias de Vigo e Lugo en 2018 e en 2019, este colectivo defendeu a descentralización das protestas situando Verín como "a capital do feminismo galego" tras mostrar a súa solidariedade cara " loita exemplar" que desempeñaron numerosas persoas en Verín fronte "privatización e precarización dos servizos públicos de saúde".

Nun comunicado remitido aos medios, esta plataforma denunciou a "violencia institucional" exercida polas institucións "durante estes meses" contra as mulleres coa polémica decisión de pechar o paritorio e as urxencias pediátricas, que "obrigou ás nais e bebés a desprazarse ao hospital de Ourense".

Por todo iso, Galegas 8M emprazou a todo o feminismo galego a que "desborde" Verín o próximo 1M para "celebrar" o anuncio de reapertura do paritorio e das urxencias pediátricas, que atribuíron a "loita e o compromiso de colectivos feministas, persoal sanitario, asociación de mulleres, organizacións sindicais e veciños" que participaron nas mobilizacións.

A pesar da reactivación do servizo, os seus integrantes advertiron de que estarán "vixiantes" para evitar que esta medida poida "repetirse en calquera outra zona" de Galicia.

No que respecta aos actos propios do 8M, a plataforma apuntou que este ano porá "o foco" en ámbitos onde "atopamos máis dificultades para levar a cabo a folga" como son "os coidados e o consumo", situando "os coidados no centro das nosas reivindicacións".

Neste sentido, recordaron que en moitos casos os coidados (coidado de nenos, fogar, agricultura) realízanse "sen remuneración algunha" ou en condicións "de precariedade" condicións de precariedade e son infravalorados tanto social como economicamente.

Baixo a lema "Sen coidados non hai vida", chamaron a saír á rúa e "mudar o sistema, derrubar o patriarcado e loitar polo que é invisible" para que se recoñezan os cidadáns "como un ben social". 

Comentarios