"O galego que fala Feijóo mete máis castelán que galego"

A "abueliña" galega de Santiago Abascal provoca un terremoto de reaccións logo dunha conversa co seu neto
Imaxe de promoción do vídeo. VOX
photo_camera Imaxe de promoción do vídeo. VOX

"La Abueliña", con ese título presentou Vox a conversa que mantivo o seu líder, Santiago Abascal, coa súa avoa, de 91 anos e nada en Canabal (Sober).

Nela, neto e avoa analizan a situación de Galicia de forma distendida, partindo da biografía de "la abueliña". A muller amósase crítica con Feijóo, a quen acusa de falar un galego no que "mete máis castelán que galego". 

Tamén incide en que Abascal debería "presumir" de ser máis galego que Feijóo, porque leva "sangue da súa nai". 

O vídeo da conversa, que xa se achega ás 100.000 reproducións en YouTube, causou todo tipo de reaccións en redes sociais, dende a indignación á tenrura. 

Comentarios