Sanxenxo acapara 10 das 19 bandeiras Q de calidade que obteñen as praias galegas

Galicia é a cuarta comunidade con máis distintivos, con 19 areais e 13 portos deportivos

El acceso a la Praia das Catedrais permaneció cerrado este domingo. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Praia das Catedrais. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Un total de 19 praias e 13 portos deportivos de Galicia obtiveron a bandeira Q de calidade, outorgada polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), o que converten á galega na cuarta comunidade con máis espazos con esta distinción. 

Segundo precisou o ICTE nun comunicado, este galardón certifica que estes espazos cumpren cuns "esixentes criterios de calidade, seguridade, rigorosidade e profesionalidade" na xestión e nos servizos que ofrecen. 

Neste contexto, a institución subliñou que lograron a certificación un total de 248 praias e 21 portos deportivos en toda España. As únicas autonomías que superan a Galicia neste ámbito son Andalucía, a Comunidade Valenciana e a Rexión de Murcia. 

En concreto, o municipio pontevedrés de Sanxenxo acaparou dez destes galardóns: A Lapa, Areas, Areas Gordas, Baltar, Canelas, Caneliñas, Montalvo, Silgar, Major e Pragueira.

Tras este sitúanse Boiro, con tres, seguido Ribadeo (Os Castros-Illas e As Catedrais) e Viveiro (Covas e Area-Faro), con dous cada un, e Foz (Rapadoira) e Miño, cun. 

En canto aos portos, Sanxenxo obtivo dous das distincións Q –o Nauta e o Real Club Náutico–, mentres que A Coruña, Ares, Boiro, Portosín, Ribeira, Sada, Ribadeo, Baiona, Cangas do Morrazo, O Grove e Portonovo conseguiron unha. 

Para que unha praia ou un porto poida lucir este distintivo, debe cumprir cunha "exhaustiva auditoría" realizada por avaliadores "independentes", segundo asegurou o ICTE, que acredita que se cumpre a norma de calidade internacional UNE-ISO 13009, acordada por máis de 90 países. 

O presidente desta institución, Miguel Mirones, destacou que, en 11 anos de acreditacións, España pasou de 70 a 248 praias certificadas coa Q, o que evidencia, na súa opinión, que hai un "esforzo" e unha aposta "pola calidade" por parte dos Concellos. 

Comentarios