Imprimir

Galicia seguirá este martes baixo influencia anticiclónica

Efe | 19 de agosto de 2019

Este martes Galicia quedará baixo influencia anticiclónica con ventos do nordés.

Así, nas primeiras horas os ceos estarán parcialmente cubertos, con bancos de néboa no interior e nubes de estancamento na Mariña e co avance do día quedarán pouco nubrados ou despexados.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará do nordés con intervalos fortes no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 15° 25°
Ferrol 12° 25°
Lugo 11° 24°
Ourense 13° 29°
Pontevedra 15° 30°
Santiago de Compostela 13° 25°
Vigo 15° 30°. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/noticias/galicia-seguira-martes-baixo-influencia-anticiclonica/20190819200035063668.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)