Imprimir

A Garda Civil interpón 17 denuncias nun pub de Carral logo de colgarse vídeos das súas festas

Europa Press | 26 de septiembre de 2020

Un axente da Garda Civil. ARQUIVO
Un axente da Garda Civil. ARQUIVO
Todas as demandas foron froito dunha sóa visita de inspección ao establecemento

A Garda Civil de Carral, en colaboración con axentes de Arteixo, Betanzos, A Coruña e Cambre, interpuxo 17 denuncias no transcurso dunha inspección para o cumprimento da normativa sanitaria do covid-19 nun establecemento do municipio de Carral.

Os feitos sucederon ao ter coñecemento os efectivos desta unidade da existencia dunha serie de vídeos nas redes sociais, mostrando o incumprimento reiterado da normativa vixente en materia sanitaria.

A Garda Civil organizou un dispositivo de inspección para constatar a posible comisión das diversas infraccións administrativas reflectidas nos vídeos. 

No transcurso da inspección do pub, os efectivos actuantes comprobaron a existencia das mesmas, confeccionando un totalde 17 actas-denuncia por presuntas infraccións a distintas leis.

En concreto foron á Lei de Seguridade Cidadá, Lei de Turismo de Galicia, Lei de Saúde de Galicia, Lei do Tabaco e a Hostalaría, Lei de Protección Xeral das Persoas Consumidoras e Usuarias de Galicia, Lei de Prevención do Consumo de Bebidas Alcohólicas en menores de idade, Estatuto dos Traballadores e Normativa Sanitaria covid-19. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/garda-civil-interpon-17-denuncias-nun-pub-carral-logo-colgarse-videos-das-suas-festas/20200926004907084919.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)