Glenn Tipton deixa Judas Priest por mor do Parkinson

O guitarrista será substituído por Tom Allon para o resto da xira de promoción do novo disco da banda

El cantante Rob Halford, junto a Glen Tipton. AEP
photo_camera El cantante Rob Halford, junto a Glen Tipton. AEP

O guitarrista de Judas Priest Glenn Tipton fixo público, nun un comunicado divulgado pola banda a través de diferentes redes sociais, que se retira "momentáneamente" dos escenarios debido ao Parkinson que padece.

Tipton, un dos guitarristas más influentes do heavy metal de todos os tempos, recoñece que padece este mal neurodexenerativo desde fai unha década, pero que ata o momento non lle afectara dun modo grave ao seu xeito de tocar. No entanto, a enfermidade chegou a desenvolverse o bastante como para impedirlle interpretar algunhas das partes más complicadas das cancións da banda, según recoñece.

GLENN TIPTON/JUDAS PRIEST DIAGNOSED WITH PARKINSONS

Full details at https://t.co/4Xxpejx2WB pic.twitter.com/fnm2lbFjSI

— Judas Priest (@judaspriest) 12 febreiro 2018

Actualmente os Judas atópanse nunha xira mundial coa que presentan o seu novo traballo, Firepower —para o que a banda volveu a contar con Tom Allon, responsable do son da banda nos seus traballos lanzados durante os anos 80—, por iso, Rob Halford e compañía anuncian que o tamén produtor Andy Sneap será o elixido para substituír a Tipton.

Esta relevo súmase á que supuxo a entrada de Richie Faulkner tras a saída de K. K. Downing do grupo en 2011, después de que éste alegase diferenzas con "algúns elementos da banda". Deste xeito, ningunha das guitarras que fixeron soar durante décadas algúns dos himnos máis emblemáticos do xénero milita xa en Judas Priest.

Además, os seguidores da banda choraron a recente desaparición do exbatería Dave Holland que viviu os seus últimos días retirado na Fonsagrada. 

O grupo Judas Priest naceu en West Bromwich (Reino Unido) en 1969, pero Tipton uniuse cinco anos máis tarde. Ese mesmo a ano o guitarrista debutou con em Rocka Rolla, co que comenzou a fama da banda e Tipton fíxose coñecido pola súa complexa forma de tocar e polas súas influencias clásicas.