Imprimir

O Goberno denuncia o "uso político" da agresión machista do Grove

Europa Press | 08 de diciembre de 2018

Maica Larriba e Susana López Abella. DP
Maica Larriba e Susana López Abella. DP

A secretaria xeral de Igualdade dixo que "algo fallou" na orde de protección que a muller mantiña contra o presunto agresor. "O único responsable dun intento de asasinato é o asasino", respondeu Maica Larriba

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, mostrou a súa "incredulidade, sorpresa e estupefacción" polo "uso político" que, ao seu modo de ver, realiza a secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, da agresión machista sucedida o pasado mércores no Grove na que supostamente unha muller recibiu un disparo da súa exparella.

E é que López Abella, nunha entrevista concedida este sábado á Radio Galega, manifestou que "algo fallou" na orde de protección que a muller mantiña contra o presunto agresor –que permanece sedado e entubado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras dispararse dous tiros na cabeza– e dixo estar á espera de que a Subdelegación do Goberno "convoque unha reunión, como fai noutras ocasións, para analizar os fallos que se puideron cometer". 

Neste sentido, Larriba censurou esta crítica "aos corpos e forzas de seguridade" que fai a secretaria xeral de Igualdade, para despois recordarlle que "o único responsable dun intento de asasinato é o asasino". 

Ademais, a subdelegada do Goberno en Pontevedra considera unha "irresponsabilidade política maiúscula" que se pretenda "usar un intento de crime a unha muller para enturbar o clima político". 

A continuación, Larriba esgrimiu que estas declaracións de López Abella "mostran un claro e rotundo descoñecemento da lei", posto que "as conclusións" do ocorrido no Grove "clarificaranse na investigación xudicial". 

De igual modo, reiterou que o Goberno central "nunca vai caer" nestas prácticas e recomendou á secretaria xeral que estea "máis preocupada por que o seu partido se apoie en forzas políticas que negan que haxa un problema de violencia machista", tal e como expresa Larriba, en referencia velada ao PP e Vox en Andalucía. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/goberno-critica-uso-politico-da-agresion-machista-do-grove-parte-da-xunta/20181208191541048120.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)