O Goberno estuda un cambio nas horas de saída dos nenos para evitar as de máis calor

O Executivo evalúa a medida coas comunidades autónomas
Confinamiento. Niños menores de 12 años en la calle.
photo_camera Confinamiento. Niños menores de 12 años en la calle.

O Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas están a revisar as franxas horarias nas que poden saír os nenos a dar paseos para evitar que coincidan coas horas nas que se rexistran temperaturas máis altas. Actualmente os menores de 14 anos poden saír entre as doce do mediodía e as sete da tarde. Nos municipios de menos de 5.000 habitantes non se aplican as limitacións horarias.

Anunciouno este xoves o ministro de Sanidad, Salvador Illa, durante a súa comparecencia no Congreso dos Deputados, onde detallou que a medida está orientada a protexer a saúde os menores e que o seu departamento a adoptará conxuntamente coas comunidades nas que a temperatura empeza a ser máis alta.

"Nalgúns lugares empeza a facer moita calor e é recomendable que os nenos e nenas poidan saír noutras horas en que as temperaturas non sexan tan altas", explicou Illa, quen non detallou de que comunidades se trata. 

Comentarios