Un home detido por sobrepasar as reixas do palacio de Buckingham

O intruso non estaba armado e o incidente non está a ser tratado como un acto terrorista

palacio
photo_camera O palacio de Buckingham

Un home foi detido logo de escalar as reixas do palacio de Buckingham, residencia da familia real británica, aínda que o intruso non estaba armado e o incidente non é tratado como acto terrorista, informou este xoves a Policía.

O home, de 22 anos pero cuxa identidade non foi facilitada, foi arrestado na madrugada deste mércores por axentes das forzas da orde asignados á realeza, precisou a Policía de Londres.

O mozo, retido baixo a sospeita de entrada ilegal no palacio, estivo catro minutos camiñando polos xardíns da residencia real e intentou entrar no edificio antes de ser detido, informou o tabloide británico The Sun.

As forzas de seguridad non puideron dicir se haberá unha revisión do dispositivo do palacio por mor deste incidente. 

Nos últimos días, a raíña, de 93 anos, cumpriu con varios compromisos oficiais antes de que nas próximas semanas empece as súas vacacións estivais no castelo escocés de Balmoral.