Mundo

Un home morre nun funeral esmagado polo cadaleito da súa nai

Un indonesio perdeu a vida o pasado venres nun fatal accidente que tivo lugar durante o funeral da súa nai. A vítima, Samen Kondorura, atopábase transportando o pesado cadaleito coa axuda de decenas de parentes, todos homes, cando a fatalidade quixo que rompese a escaleira. O féretro caeu sobre o grupo de homes e o fillo da falecida recibiu un golpe na cabeza que lle custou a vida.