Un home sofre queimaduras por un incendio nun alpendre en Vilamarín

O lume danou diversa maquinaria agrícola
Oficinas do 112 en Santiago
photo_camera Oficinas do 112 en Santiago

Un incendio declarado na tarde deste venres no interior do alpendre dunha nave en Vilamarín saldouse cunha persoa ferida por queimaduras que foi atendida no mesmo lugar dos feitos polo persoal sanitario. 

Segundo informa o 112, foi un particular quen contactou co centro de urxencias sobre as 15,45 horas para informar dun lume iniciado tras unha fábrica na parroquia de Boimorto

Tras iso, os xestores do CIAE informaron aos bombeiros do Carballiño, dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil. 

Unha vez no lugar, os membros de prevención e extinción de incendios confirmaron ao 112 que a estrutura da nave non viuse afectada as chamas. Con todo, si foron calcinadas parte da madeira almacenada e diversa maquinaria agrícola.