Ibiza-Barcelona e Unionistas Salamanca-Real Madrid, así son os cruzamentos na Copa

 O único equipo galego que queda en pé, o Celta de Vigo, enfrontarase ao Mirandés
Messi y Griezmann celbran uno de los tantos. ALEJANDRO GARCÍA (Efe)
photo_camera Messi y Griezmann celbran un gol. ALEJANDRO GARCÍA (Efe)

O Ibiza e o Unionistas de Salamanca, dous dos equipos sobreviventes de Segunda división B (terceira categoría do fútbol español), serán os rivais do Barcelona e do Real Madrid, respectivamente, nos dezaseisavos de final da Copa do Rei, segundo o sorteo celebrado este martes na Ciudad del Fútbol de Las Rozas.

Os encontros disputaranse nos campos do conxunto balear e do castelán manchego a próxima semana.

O único equipo galego que queda en pé, o Celta de Vigo, enfrontarase ao Mirandés.

Mentres tanto, o Atlético de Madrid terá que visitar á Cultural Leonesa e o Valencia, o outro conxunto participante na Supercopa de Yeda (Arabia Saudita) e defensor do título copeiro, enfrontarase á UD Logroñés.

Estes son o resto das cruces: Ebro-Leganés, Badajoz-Eibar, Badalona-Granada, Recreativo de Huelva-Osasuna, Rayo Vallecano-Betis, Tenerife-Valladolid, Girona-Villarreal, Elche-Athletic Club, Zaragoza-Mallorca, Sevilla-Levante e Real Sociedad-Espanyol.

Comentarios